martes, 6 de octubre de 2009

viernes, 2 de octubre de 2009

Entre Friedrich e mais Sorolla


Esa é, para min, a escolla deste ano. Mediterráneo ou atlántico (europeo). E recoñezo que a escolla é difícil:
- Odessa (vale si, o Mar Negro non é estrictamente mediterráneo, pero así me queda máis bonito) é unha cidade que atrae (penso que ata a botei eu tamén)...
-Exipto é un sitio ao que hai que ir (fíxenme arqueólogo porque de pequeno toleei co mundo exipcio?)...
- Ibiza e Formentera, un destino seguro (e moi atraínte arqueoloxicamente...)
- Chipre sería o meu favorito, posiblemente polo exotismo, algo diferente...

Pero a verdade, aínda que recoñezo que me gusta Sorolla, son máis do frío e das paisaxes xeladas, e dos cuadros de Friedrich. Así que a escolla foi moi doada, xa que non me apetece facerme a viaxe a min mesmo, e ademais, no destino que elixo case non hai arqueoloxía (ou polo menos, non prehistórica), así que Mariajo non pode rosmar porque a vaia a arrastrar por toda canta pedra hai no país...

Así que o gañador deste ano vaise (iso espero) para ISLANDIA!