lunes, 12 de marzo de 2007

Nace unha lenda compostelana

A trascendencia da noticia merece un oco neste blog, agora que se adiviña a súa resurrección (a inminencia do prazo final para o envío de propostas así o fai supoñer).

O Abril Ares, ese entrañable lugar onde tantas vivencias e conversacións tiveron lugar ao longo destes anos, que nos viu crecer e (ejem) multiplicarnos, que viu amizades e amoríos forxarse, e grandes e míticas partidas xogarse, vai pechar as súas portas a finais deste mes.

Busquemos a forma de rendirlle a mellor homenaxe, tanto como a Pepe, anfitrión e amigo, entusiasta admirador do 20 para 1.

Dúbida, confundido e aterrado por este futuro incerto que nos espera.

No hay comentarios: