viernes, 1 de febrero de 2008
INHAQUI VERÁN
Holanda en barco e bicicleta: porque non todo vai ser Ámsterdam!
8 días – sete noites – viaxando en barco polos canais holandeses, coñecendo as principais cidades do sur do país, coa rota Amsterdam-Utrecht-Rotterdam-Haarlem-Amsterdam.
Pero non pensedes, este non é o típico cruceiro: pola mañá, despois de almorzar, preparádesvos o voso picnic para comer (incluído no prezo) e sóltanvos coa bici e mais planos varios a facer unha rota, de entre 30 e 60 km., para ir coñecendo o país, recolléndovos no punto establecido previamente. Inclúe tamén ceas e algunha visita guiada a pé ás cidades que se visitan, pola noite. E se un día non queredes facer bici, non pasa nada! Quedades no barco tan ricamente a descansar, navegando.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario