martes, 26 de octubre de 2010

PASEN TODOS POR CAIXA!

A apoquinar os 57 € da última edición, para que, logo da decisión de Sofía, acaptada por todos (penso) por aclamación, Cami poida facer a viaxe antes do retorno á terra.

O xa ex-secretario, e recaudador,

lunes, 28 de junio de 2010

AND DE WINNER IS

Foto enviada pola nosa flamante ganadora no momento de enterarse da noticia


NORABOAAAAAAA NEW SECRETARY

miércoles, 23 de junio de 2010

BINGO 2010


Este ano, e para confirmar a nosa total integración no barrio de San Pedro (anuncio no libro da comisión incluído) o bingo celebrarase o sábado 26 de xuño, día en que festexamos o noso santo, ás 17:00, no campo da romería (parque de Belvís). Esperemos que a enchenta de comida e o licor café nos permitan atender minimamente á saída das bólas e ao tachado dos cartóns. 

Lembrade que este ano hai que apoquinar 57 €, pero que como é o día que é, non se pagarán ese día, senón directamente ao gañador con posterioridade.

Suertutti per tutti!


O futuro ex-secretario

lunes, 7 de junio de 2010

PERIPLO ISLANDÉS

Breve, dentro do que puidemos, resumo do noso periplo islandés, redactado a catro mans. É máis curto do que parece, xa que ten bastantes fotos. Outro día a proba e mais as fotos!


DÍA 0. CHEGADA

As azafatas de Aicelandair levan gorros que semellan tirados de imaxes de películas de Iberia dos anos 60. Ao chegar, realmente é estraño aterrar ás 12:30 da noite e que aínda estea anoitecendo. Un pregúntase se ambas as cousas non terán algo que ver co consumo excesivo de pintas no aeroporto de Londres.

Non é lenda urbana, efectivamente, os hoteis non teñen persianas. Esta peña está flipada!

 

DÍAS 1 e 2. REYKJAVIK


48 horas na capital permiten descubrir e confirmar unha serie de cousas:

-         Que nos países onde non teñen froita os zumes de bote non son tan malos (e ata hai algún bo!).

-         Que as islandesas son partidarias do clásico axioma “para estar guapa hai que sufrir” (a 9º C e as tías en sandalias e minisaia!!)

-         Que a rúa comercial de Reykjavik parece, máis que a 5ª avenida, a rúa principal de Cicely.

-         Que a carne de balea sabe a fígado de tenreira.

-         Que nun país no que supostamente case non hai arqueoloxía, atopamos o mellor museo de sitio que coñecemos ata o momento. (a quen lle que pulse aquí)

-         Que neste país o que realmente arrasa é o botellón e os coches 4 x 4 con rodas de tractor.

-         Que o cordeiro islandés non sabe a cordeiro (e está boísimo).

 

DÍA 3. CÍRCULO DOURADO

Visitados os lugares con máis atractivo turístico do entorno da capital descubrimos que non existe país no que Mariajo non poida queimarse.

 


DÍA 4. CAMIÑO A SNAEFELLSNES


Vista unha cascada vistas todas!!! O turismo verde está moi sobre valorado -Mariajo dixit. Semella que xa lle afecta o queimado.


Por certo, non é o monte Fuji: é a entrada ao centro da terra.

 

DÍA 5. SNAEFELLSNES

O que semellaba queimado resulta ser o bronceado local... estes tipos están granates e seguen tomando o sol (na neve!!). Por certo, Xulio Verne debería ter collido o Snowcat, é o máis cómodo para chegar ao cumio dun volcán-glaciar.


Viaxe a toda hostia polo NW ata Akureyri, total para chegar ás 9, e que os restaurantes estivesen todos pechos. Cea no cuarto do hotel comprando embutido e pan (porque esta xente ten pan de vedade, aínda que o coma como entrante) nunha tenda 24 horas que só abría 12!

 

DÍA 6. AKUREYRI / FIORDOS DO NORTE

Como estes hainos en Galicia a dar cun pau!!! (a cor granate non semella mellorar o humor da rubia!!)

Proba superada: primeiro baño nunhas pozas........e ao final nevou!!!


 

DÍA 7. PARQUE NACIONAL JÖKULSÁRGLJÚFUR (con perdón)

“Acongojaditos” coa neve, pensamos que quedabamos todo o día no hotel!! Pero ao final ata tivemos tempo de facer unha tarde de sendeirismo (iso si, baixo as folerpas). E resulta que non todas as fervenzas son iguais...

As gasolineiras-baiuca son un gran invento, e un centro de reunión social para a terceira idade.

Para rematar o día, novo baño nas pozas, e para cear dúas cervexas por barba (temos un problema cos horarios deste país).

 

DÍA 8. LAGO MÝVATN

Ou lago das moscas, é impresionante cantas pode chegar a haber, semella que viñeron para aquí todas as de Somalia!!! (O da foto non é po, asegúrovolo!)

Iso si, a paisaxe de formacións volcánicas é espectacular. E o cordeiro segue a estar para chuparse os dedos.

 

DÍA 9. FIORDOS DO LESTE

Este é un gran país se es unha ovella (novas reflexións da señora granate que conduce o coche)

Ceamos a maxihamburguesa especialidade da casa ás 7:30 da tarde (era sábado e pechaban a cociña ás 8). Masivo apoio popular ao representante islandés en Eurovisión, máis da metade do pobo estaba no bar (o resto dos 167 habitantes do pobo debía estar no da competencia).

 

DÍA 10. VATNAJÖKUL

Moi bonitos os glaciares, pero logo de ter estado en Patagonia, “é como ir a Terra Mítica despois de facer un cruceiro polo Mediterráneo” (citamos textualmente á grande filósofa granate). O lago cos icebergs si que é flipante, pero máis aínda o barco/camión anfibio no que se fai a visita. Novamente pequena camiñada para ver parte do parque e outra fervenza diferente, esta con columnas de basalto.

Rica cea islandesa (semella que non nos cansamos do año e do bacallau!).

 

DÍA 11. VIAXE CARA AO SUROESTE

Espectacular ruta por paisaxes (e clima) galego, pero sen lavadoras, frigoríficos ou canteiras na marxe das pistas, e con novas fervenzas. A néboa semipermanente que cobre esta zona do país, a máis chuviosa, impídenos ver un glaciar e o maldito Eyjafjalla.

Visita romaría para coller cinza volcánica. Esperemos que sexa milagreira.

 

DÍA 12. O REGRESO

Despois de medio durmir nun hotel-avión (con ruído de hélices incluído), voltamos ao fogar sen poder comer no centro de Londres con Andresín tal e como tiñamos programado, grazas, como non!! a Iberia! Isto non semella mellorar o humor da vikinga, aínda que parece recuperar a súa cor natural (vermella, non granate).

Por certo, o gorro das señoritas de Icelandair non foi produto dos efluvios alcohólicos, pero non me atrevín a facerlles unha foto.... 

miércoles, 2 de junio de 2010

VIAXE REALIZADA


Xa estamos de regreso (chegamos onte ás 9:30 da noite, co tempo xusto de ver o último capítulo de Perdidos traducido). En breve colgaremos unha pequena explicación do periplo realizado, e a xustificación da proba.

Como resumo, pódovos avanzar que Islandia é un atraso de país: toda a costa e os montes pelados. A de urbanizacións e eucaliptos que se poden plantar alí!

miércoles, 19 de mayo de 2010

martes, 11 de mayo de 2010

BINGO 2010

Como penso sabedes a maioría, se a lotería que supón viaxar en avión nestes últimos tempos nos sonríe (para más información: aquí), Mariajo e mais eu viaxamos a Islandia o 20 deste mes, até o 1 de xuño (alongo a proposta da viaxe de César, para facer un percorrido por toda a illa). Daquela, para o bingo danse varias alternativas:

1. Que o fagades en ausencia do futuro exsecretario a última semana de maio, cando estea por aquí Javi. É unha posibilidade, pero lembro que iso significaría que alguén tería que facer as funcións de secretario, e que estaría ausente Mariajo, a quen aínda non lle tocou.

2. Que o deixemos para máis adiante, eu propoño primeira 15 de xuño (antes de que Elena e David se marchen de vacacións e sempre e cando non haxa moitas baixas).

Que vos parece? Acéptanse opinións e/ou decisións.

Por certo, comunico aos señores concursantes que se o puto volcán nos permitise chegar á Pérfida Albión (voamos vía Heathow) pero non a Islandia, probablemente pasemos de todo e nos vaiamos a dar un rule pola campiña británica. 

Eu non vou loitar contra os elementos!

viernes, 30 de abril de 2010

martes, 20 de abril de 2010

Amigos/as:

Xa saberedes que se achegan as festas de San Pedro.
Xa saberedes que cada ano a Comisión publica un libriño co programa das festas.
Xa saberedes que nese libriño hai unha chea de anuncios de comercios do barrio, que contribúen para as festas.
Pois ben, qué tal se o 20 para 1 mete un "anuncio" no libriño deste ano? Son só 40 euros por un anuncio a media páxina, colaboramos coas festas e nos facemos visibles metendo a duda no corpo do barrio, qué demo será iso do 20 para 1?
A idea é meter un "anuncio" sinxelo e enigmático, algo así (aínda que en bonito):
Cómo o vedes?

sábado, 10 de abril de 2010

AS VIAXES DO 2010

Unha vez feita a votación, e recontados os votos en casa (por se acaso) estas son as viaxes entre as que deberá escoller destino o gañador do 2010:

VERÁN

  • San Petersburgo
  • Mykonos
  • Helsinki - Tallin

INVERNO

  • Tailandia - Bangkok
  • Val do Rin
  • Verona

Como curiosidades, XC foi o único que non conseguiu un só voto en ningunha das súas viaxes (nas de verán, todos os demais conseguimos algún) mentres que, se non me falla a memoria, penso que é a primeira vez que eliximos unha das de Barri .

Felicidades a todos polas viaxes propostas, porque a verdade é que a elección estaba difícil.

viernes, 9 de abril de 2010

Propostas de Lidia

Verán

L’Empordá: só ou cos amigos…

Santiago-Barcelona (avión ida e volta)

Barcelona-San Jordi Desvalls (tren/bus ou coche)

1 semana con aloxamento e almorzo

Prepárate para disfrutar da Casa Migdia, en San Jordi Desvalls, a 15 kilómetros de Girona e 20 das praias. Casa Migdia é unha antigua Rectoría do século XVIII, restaurada coma un confortable hotel rural de 13 prazas.

www.casamigdia.com

Casa MigdiaCasa Migdia

A casa consta de dúas prantas, onde podes escoller unha das cinco habitacións con baño completo, ademáis de disfrutar do jacuzzi, dunha boa selección de viños no bar, da cociña mediterránea, de paseos pola beira do río Ter, ou.. dunhas partidacas ao billar ou ao estupéndido futbolín francés! Todo esto sen coller o coche.

Casa Migdia

Casa Migdia

Outras opcións:

Museo Dalí/Casa-Museo Castillo Gala-Dalí/Púbol

Sant Jordi Desvall atópase no medio do "Triángulo Dalí". En Figueres está o ineludible Museo Dalí. En Port LLigat, a carón de Cadaqués, a casa na que viviu Salvador Dalí, chea de encanto. En Púbol, moi preto da Casa Migdia, encóntrase ocastelo que Dalí mercou e decorou para a súa musa Gala.

Casco antigo de Gerona

A poucos kilómetros da Casa Migdia, está Girona, exemplarmente restaurada, co seu barrio xudeu, as casas pintadas de cores ocres sobre o río, a impoñente catedral e as súas calexas estreias tan agradables para pasear.

Os pobos medievais

Deambular por las rúas de Pals, de Peratallada o de Ullastret constitúe un verdadeiro pracer.

La Bisbal d'Empordà

Vale a pena visitar esta ciudade, non só polo seu animado mercado, senón polo casco antigo, a extensa gama de artículos de cerámica e as tendas de antigüedades.

Barcelona

Atópase a unha hora en tren ou por estrada desde Sant Jordi Desvalls.

Inverno

Francia: Rhône- Alpes, visitando Lyon e Grenoble

Santiago-Madrid-Lyon (avión ida e volta)

Viaxe Lyon-Grenoble (tren: TGV, 1 hora e media/ ida e volta)

1 semana con aloxamento, almorzo e desprazamentos entre cidades

Primeira parada: Lyon (tres noites)

Gran cidade bimilenaria e capital da seda, na confluencia do Ródano e do Saona, Lyon está adosada ás colinas de Fourvière e da Croix Rousse. Ofréceche unha viaxe insólita polo tiempo e as culturas, co seu centro incluido no Patrimonio Mundial, nas súas rúas estreitas, os seus “traboules“ (pasadizos), ao longo dos peinaos animados, nas grandes prazas da península e, durante a noite, con máis de 200 lugares iluminados. Aloxamento no céntrico hotel: Mercure Lyon Plaza Republique.

Lyon paysages.jpg

Segunda parada: Grenoble (catro noites; o último día volta a Lyon para coller o avión)

En Grenoble, capital dos Alpes e do Delfinado, a montaña está por todas partes. Impresionantes perspectivas despréganse sobre tres macizos. O contraste coa arquitectura urbana é todavía máis asombroso. A ciudade conserva vestixios de dous mil cincuenta anos de historia. Cálida e cautivadora, Grenoble le está esperando. Aloxamento no céntrico Royal Hotel.

jueves, 8 de abril de 2010

Patricia verano - EL FINISTERRE BRETÓN

Tenía un poco de reparo por repetir propuesta, pero la verdad es que me apetece volver a proponer un viaje a la Bretaña francesa en verano, a ver si de esta vez...


La propuesta es recorrerse esta impresionante zona, llegar en coche desde Santiago (u otro lugar de la península) bordeando la costa W de Francia, en principio, en el coche de uno, vemos después otras opciones.

Desde Santiago parece que hay unas 16 h de camino, por lo que lo mejor es quedarse una noche por el camino (una ida, otra vuelta, claro, incluidos en el precio una habitación por 60-70 Euros noche) y al llegar a la Bretaña tenemos varias opciones:

  • 13 días de camping, para colocar la tienda y el coche, con electricidad...como en este camping http://www.campingdelatorche.fr/fra.html situado en el Finisterre bretón, en la parte SW...
  • 6-7 días en una casita rural en la región de Morbihan, cerca Lorient, por ejemplo en esta TY Ivinenn Braz - Baud http://www.gitesmorbihan.fr/index.htm
  • 3 días en habitación con vistas al mar del Le Grand Hôtel Abbatiale***, en la costa Sur de Bretaña, en Bénodet. http://www.hotelabbatiale.com/ Hay posibilidades de apuntarse al programa de Thalaso del hotel, que no está incluido en este viaje
Si no tenéis coche o lo preferís, si vamos en avión Santiago-París y allí cogemos un coche de alquiler pequeñito, con su gasolina y peajes (hay algo más de 3 h de París al extremos de Bretaña) nos podemos permitir 2 días del hotel (buff), 5 de habitación rural u 8/9 días de camping... se puede ver opción tren, saldrá más baratito...

Y a flipar con la Bretagne, sus sitios, su comida, sus pedrolones tirados por todos lados...

Patricia invierno - GAMBIA

Localizada entre el trópico de Cáncer y el Ecuador, Gambia tiene seguro de sol y temperaturas de esas que apetecen en invierno.



Con clima tropical, casi está asegurado un chaparroncillo al día, pero como suelen ser de noche, dicen que sientan muy bien. Los meses de lluvias más fuertes es entre agosto y septiembre, así que parece que lo mejor es ir en invierno…El precio del viaje puede variar y dependiendo de las fechas (y el coste de los billetes) se pueden plantear 2 opciones de hotel, incluso ofrecen la posibilidad
de combinar ambos…

El tipo de hotel típico de playa para ir 8 noches/7 días sería por ejemplo, el Coco Ocean Spa Hotel Resort‎ 5*. Hotel en primera línea de playa, acogedor, en una bonita localización, para tirarse en la playa y descansar…

Mandina Lodges en el bosque de Makasutu. Es un hotel ecológico que sólo acoge a 10 huespedes en su 4 cabañas sobre el río. Es un hotel caro, quizás sólo de para unos pocos días, pero está en un lugar privilegiado, sólo se llega con canoa (la opción que recomiendan) o por caminos a caballo,… y merece la pena proponerselo a la hora de planear definitivamente este viaje http://www.accessgambia.com/information/makasutu-cultural-forest.html

MARÍA INVIERNO: FEZ

Es una de las cuatro ciudades llamadas imperiales junto a Marrakech, Meknés y Rabat.
La ciudad se divide en tres zonas, Fez el Bali, la zona antigua, dentro de las murallas, Fez-Jdid, la zona nueva, donde se encuentra la Mellah, el barrio judío, y la Ville Nouvelle (Villa Nueva), la zona francesa en el noroeste de la ciudad. La medina de Fez el Bali, la mayor de las dos de la ciudad, es la mayor zona peatonal del mundo, y fue declarada Patrimonio de la Humanidad por la Unesco en 1981.
                         
Fez es de las inmemoriales ciudades imperiales, quizás sea uno de los símbolos más importantes de Marruecos. Cuenta con calles laberínticas y la Medina de Fez el-Bali (antiguo Fez) es de los mayores emplazamientos medievales que existen actualmente en el mundo, y las puertas y murallas que le rodean potencian su magnificencia.
El viaje incluye vuelos Santiago-Madrid-Fez y una semana en el hotel Ryad Alya que ofrece un ambiente refinado y auténtico, en el corazón de la ciudad medieval de Fez. Los huéspedes podrán relajarse en la terraza espaciosa, con unas vistas impresionantes de la medina y de las montañas circundantes. Tiene, además Sauna, Campo de golf (a menos de 3 km), Solárium, Spa-Balneario, Masajista, Jacuzzi, Biblioteca, Baño turco, Baño de vapor. Más información y fotos del hotel en Booking.com/Ryad-Alya.