Imos poñernos serios, e bromas á parte (refírome ao de que a data de entrega das propostas de viaxe remataba o 25 de xuño de 2009, que, se vos fixades, é o día anterior a gañar eu o bingo...), establezamos o calendario anual de actuación.
Unha vez consultados aos membros da denigración, a Cucu dálle un pouco igual, e parece que Sofía vai andar por aquí o 10 de abril, así que, por min, podemos poñer ese día como o de votação das propostas (sábado despois de Semana Santa). Daquela, as propostas terán que estar colgadas no blog, como moi tarde, o sábado santo, 3 de abril. E non me veñades con que é pouco tempo para preparalas, que xa podiades ter ido cavilando nelas, tendo en conta que isto (até que os de tres en dous anos gañen) é un concurso anual, e o ano pasado a votação tamén foi en abril.
Facéndome eco da proposta do último secretario, aqueles que non poidan asistir á votacão, deberán enviarme as súas escollas antes das 00:00h. do mesmo día 10. Se non as envían nese prazo, non contarán, aínda que como sempre seguro que mirarei o correo a última hora...
Así que a non ser que haxa unha avalancha de eu-non-podo-o-10-de-abril, as cousas quedan así:
- Propostas: 3 de abril
Votação por correo: 10 de abril 00.00 h (ao meu correo)
Votacão: 10 de abril (lugar por definir)
Lectura de probas non premiadas: 10 de abril, logo da votação
Bingo: falámolo o 10 de abril?
O futuro ex-secretario
P.D. Lembro aos Srs. (e Sras.) concursantes que aínda non pagaron a edición anterior, que deben abonar 56,50 €.
2 comentarios:
E a quen se lle pagan os 56,50 Euros eses? Digo, por saber...
Listaxes públicas de morosos!! Outing xa!!
(Dígoo por si acaso eu...)
Publicar un comentario