Pois isto é o que se chama o canal de Caledonia! Así que, na miña teima de mandarvos de cruceiro nun bote anano, aquí vai a navegación deste ano: o barco Fingal. A viaxe realizarémola con Ryanair, con voo Porto-Girona-Edimburgo. Aquí colleremos un tren até Inverness (tres horiñas) onde colleremos o barco, navegando a través do canal (e do Lago Ness, repito) até Banavie (dependendo das datas, igual toca o sentido contrario).
En principio, un cruceiro curto de catro días (abril ou outubro, se se manteñen as datas deste ano), en cabina dobre (deberedes levar acompañante!). Se a libra segue a baixar, igual dá para a viaxe de sete días. A viaxe non é un simple cruceiro: ofrecen diferentes actividades durante o percorrido: camiñar, bicicleta, piragua, ou até windsurf! De feito, pódese camiñar toda a distancia de punta a punta! (na viaxe de sete días). Así que, animádevos, e a disfrutar.
PD. A quen lle guste a idea de atravesar Escocia navegando, pero pasa de movidas hipies, atopei outra compañía que fai o percorrido en barcos más canónicos en cinco días, facendo diferentes visitas culturais, entre elas unha destilería e mais o centro de visitantes do lago Ness. Así que, non deixedes de votar esta opción!