martes, 30 de marzo de 2010

INHAQUI INVERNO: CIDADES TOSCANAS



Con Vueling, voamos Santiago-Barcelna-Pisa. Estancia en Pisa dous días no hotel AC Pisa (unha compañía solvente, nada de complicacións), ou similar. De aquí, a Florencia, en tren, onde estamos outros dous días no Hotel David (un catro estrelas moi valorado polos viaxeiros). E logo, de novo en tren, até Siena, onde pasamos unha noite no hotel Palazzo Ravizza, moi cuco el. O regreso a casa é en tren até Pisa, e alí voo de volta como o de ida. 

En Toscana podemos xogar bastante ao voso gusto, estando máis o u menos días en cada cidade (dentro do límite de cinco noites, non creo que chegue para seis). E mesmo se xa coñecedes algunha, non esquezades que hai máis cidades impresionantes polo contorno, como Lucca e Livorno.

No hay comentarios: