Tavira (Algarve) en primavera - Merce
Duración de 5 a 7 días
(cálculo feito para maio de 2016)
Aloxamento: no Hotel Galé Tavira (almorzo incluído, e díxome xente de
confianza, que é difícil de superar, riquisimo e moi completo) http://www.vilagale.com/es/hoteles/algarve/vila-gale-tavira
, ubicado no centro, fronte ao mercado.
Tavira é unha cidade pequena, das máis bonitas
do Algarve portugués. Aséntase a ambas beiras do río Gilão, en
pleno Parque Natural da Ría Formosa e a escasos minutos da provincia de Huelva.
A pesares do
turismo, conserva personalidade e moito encanto, nesta viaxe combínase perfectamente o
descanso, a natureza, a tranquilidade e moita amabilidade. Non me podo esquecer
de resaltar a gastronomía,... e as exquisitas cataplanas de peixe e marismo
(Yola, para ti, hainas só de peixe) Uhmmmm..., máis un rico café.
Mini –guía: http://www.naturalezayviajes.com/2014/04/tavira-ciudad-mas-encanto-algarve-portugal.html
O acceso ás praias é en barco ou ... en tren de madeira, outro
aliciente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario