miércoles, 6 de junio de 2018

GAÑADORA 2018!!!!

Xa temos gañadora e destinos posibles!!!

Inverno
  • Perú
  • Uruguay
  • Samarkanda
Verán:
  • Jordania
  • Vikingos (Dinamarca)
  • Albania
Aínda que todo parece que ela xa o ten claro... O ADN tira por ela :-) .

domingo, 3 de junio de 2018

Primavera_Alhambra (Hotel América)_Merce


Todas las ciudades tienen su encanto, Granada el suyo y el de todas las demás (Antonio Machado)

Viaxe AVIÓN Santiago-Málaga, BUS ALSA Málaga-Granada, TAXI Granada-Alhambra

Aloxamento en Hotel América (na Alhambra) con almorzo

Duración polo menos de 2 noites, dependendo da habitación elixida e da temporada

Inclúe entradas á Alhambra

https://www.hotelamericagranada.com/ 






Outono_ruta de conto: Baviera (Merce)

Viaxe mínimo 5 días: avión Santiago - Frankfurt Hahn – Santiago  
Aluguer de coche no aeroporto de Frankfurt
Ruta dende aeroporto arredor de 400 km.
Aloxamento: hotel/hostal de 3 estrelas

É a ruta turística máis antiga e pintoresca do país xermano, os seus pobos son os máis bonitos e mellor conservados dos  estados de Baden-Wurtemberg e Baviera, esténdese dende o río Meno aos Alpes polo trazado da vía Claudia. 



Casas de entramado de madeira, murallas, castelos, concellos e igrexas compoñen unha paisaxe onde o tempo durme. Nomes míticos como Nördlingen, Rothenburg ob der Tauber, Dinkelsbühl ou o castelo de Neuschwanstein espéranvos neste clásico itinerario.
Gastronomía: riquísima.  Peixes afumados, chucrut, queixos, tartas , salchichas, carne de caza, ensaladas de pataca. Especial mención para o “pan”.
Os víños son lixeiros. Que dicir das cervexas? oscura ou rubia, con sabores intenso, suave, doce, amargo..., para todos os gustos, só hai que bebelas!!!