domingo, 3 de junio de 2018

Outono_ruta de conto: Baviera (Merce)

Viaxe mínimo 5 días: avión Santiago - Frankfurt Hahn – Santiago  
Aluguer de coche no aeroporto de Frankfurt
Ruta dende aeroporto arredor de 400 km.
Aloxamento: hotel/hostal de 3 estrelas

É a ruta turística máis antiga e pintoresca do país xermano, os seus pobos son os máis bonitos e mellor conservados dos  estados de Baden-Wurtemberg e Baviera, esténdese dende o río Meno aos Alpes polo trazado da vía Claudia. 



Casas de entramado de madeira, murallas, castelos, concellos e igrexas compoñen unha paisaxe onde o tempo durme. Nomes míticos como Nördlingen, Rothenburg ob der Tauber, Dinkelsbühl ou o castelo de Neuschwanstein espéranvos neste clásico itinerario.
Gastronomía: riquísima.  Peixes afumados, chucrut, queixos, tartas , salchichas, carne de caza, ensaladas de pataca. Especial mención para o “pan”.
Os víños son lixeiros. Que dicir das cervexas? oscura ou rubia, con sabores intenso, suave, doce, amargo..., para todos os gustos, só hai que bebelas!!!

No hay comentarios: