Viaxe mínimo 5 días: avión Santiago - Frankfurt
Hahn – Santiago
Aluguer de coche no aeroporto de Frankfurt
Ruta dende aeroporto arredor de 400 km.
Aloxamento: hotel/hostal de 3 estrelas
É a ruta turística máis antiga e pintoresca do
país xermano, os seus pobos son os máis bonitos e mellor conservados dos estados de Baden-Wurtemberg e Baviera, esténdese dende o río Meno aos Alpes polo
trazado da vía Claudia.
Casas de entramado de madeira, murallas, castelos,
concellos e igrexas compoñen unha paisaxe onde o tempo durme. Nomes míticos
como Nördlingen, Rothenburg ob der Tauber, Dinkelsbühl ou o castelo de
Neuschwanstein espéranvos neste clásico itinerario.
Gastronomía: riquísima. Peixes afumados, chucrut, queixos, tartas ,
salchichas, carne de caza, ensaladas de pataca. Especial mención para o “pan”.
Os víños son lixeiros. Que dicir das cervexas?
oscura ou rubia, con sabores intenso, suave, doce, amargo..., para todos os
gustos, só hai que bebelas!!!