domingo, 16 de junio de 2019

ILLA DE SAN MIGUEL_AZORES_PRIMAVERA-VERÁN (recomedable maio ou setembro)_Merce


Inclúe:
-Viaxe en Ryanair: Porto_Ponta Delgada (San Miguel)_Porto
-Hospedaxe: Apartamento en Casa do Pico Arde  (https://www.booking.com/hotel/pt/casa-do-pico-arde.es.html ) a 1,4 km do centro. Hai opción de cambio.
-Aluguer de coche na illa


San Miguel,  Azores,  é un destino natural. É unha proposta para unha semana que, dependendo do momento  en que se faga, poderíase prolongaaar un pouquiño máis  e visitar outras illas que tamén molan, como Pico ou Faial, por exemplo!
Está pensado para primavera ou verán pero recomendado en maio ou setembro, na procura de evitar os meses de turismo masivo e de gozar de máis estabilidade metereolóxica.

A illa ofrece rutas  de sendeirismo, saídas en barco para ver golfiños e, se hai sorte,baleas, Ten praias con zoas para bañarse, piscinas naturais de auga termal (caldeiras) de barro ou de augas sulfurosas, paisaxes espectaculares, volcáns que conteñe lagos e vexetación,  moitísimos miradores, vilas aínda como moito encanto,  romerías supercuriosas  nas vilas pequenas....e  a súa xente acolledoraaaaaaaaa.


Ademáis as  hortensias endémicas decoran as estradas e os rincóns da cidade e de toda a illa. Unha chulada!!!!

Animádevos, votade Azores, un destino que non defrauda!!!!

No hay comentarios: