CÓrcega, Corsica ,Corse_ Verán (Merce)
Cando a Obélix lle falaron da posibilidade de viaxar a Córcega, o galo pregunta: "¿E que é Córcega?". A resposta recíbea unhas páxinas máis adiante, do caudillo corso que escapara dos romanos. Mentras empeza a ulir un queixo típico, Ocatarinetabelachitchix exclama en pleno éxtase: "Este aroma lixeiro e sutil, feito de tomillo e de amendoeira, de figos e castaños, e tamén este aire imperceptible de pino, a sospeita do romeiro e de lavanda….ai, amigos…. Este perfume…¡é Córcega!”
Córcega, illa de 183 km de lonxitude e 85 de ancho, está dividida en dous departamentos: Alta Córcega e Córcega do sur. É un territorio de crestas montañosas e calas que miran polo este á Toscana e polo oeste cara a Costa Azul, pero non se reduce a iso, tamén están os bosques de pinos, os lagos, os pastos, os viñedos, os 25 ríos que a irrigan, os acantilados de cor vermella e os de caliza branca, os cañóns de granito.... e as fabulosas praias. Ofrece natureza a tope: sendeirismo e viaxes polo seu litoral.
Non é unicamente un paraíso natural que arrecende, a súa historia é peculiar. Como anécdota, os xenoveses véndena aos franceses en 1768 (curiosamente ao ano seguinte nace Napoléon, o corso máis francés). Conservan o idioma corso e un marcado talante independentista, non son franceses, son corsos! O paso por ela dos fenicios, os gregos, (chamábana xa daquela Kallité, “a máis sublime”), os etruscos, os cartaxineses, os romanos, os bizantinos...deixaron un rico patrimonio cultural (murallas, necrópoles, vilas romanas, igrexas, palacetes,.. e torres xenovesas). Pódense facer itinerarios culturais moi interesantes.
Moi interesantes tamén son a súa gastronomía, unha mestura da italiana e a francesa, os seus viños, os seus embutidos, os seus viños, e... a súa cervexa de castaña!!!
A miña proposta concreta é para a segunda quincena de xuño cando comezan os voos de vueling Barcelona - Bastia:
- Avión SCQ-Barcelona-Bastia: saídas os luns e venres /volta martes e sábado (e volta para a casa)- Hospedaxe: suxiro aloxamento en granxas-albergues e cámping, é o máis barato que atopei (é unha illa cara, non hai cadeas hoteleiras, os corsos non son de turismo de masas), ou hoteis sinxelos.
- Duración: de 5 a 8 días, en función do aloxamento elixido
- Aluguer de coche para percorrer a illa
- Como suxestión o itinerario dunha semana en Córcega http://www.islacorcega.es/itinerario-de-una-semana-en-corcega/ que se recolle nesta guía http://www.islacorcega.es/
Saint-Exupéry tamén dixo “O sol
fíxolle tanto o amor ao mar que acabaron enxendrando Córcega”
No hay comentarios:
Publicar un comentario