martes, 14 de marzo de 2017



SUMATRA E JAVA_NOVEMBRO (Merce)

Malasia vs. Indonesia….modernidade vs tradición (arredor de 12 días)
 (Itinerario recomendado directamente dende Bali, grazas Bea's)
Aterramos en Kuala Lumpur....2 días serán suficientes para descubrir a bonita e caótica capital de Malasia. Pasear por China Town e a súa famosa calle Petaling, visitar o Central Market, perderse  por  Little India, facer unha escapada ás Batu Caves (lugar máis sagrado para os hindús de Malasia), ver
as Petronas ao anoitecer e disfrutar do espectáculo de luz, auga e son que se celebra cada noite a partir das 7pm, subir ao Sky Bar (piso 33 do Traders hotel) para  ter unha das mellores vistas das Petronas será a mellor forma de recuperarnos do jet lag e prepararnos para unha viaxe fascinante.

Deixaremos atrás Kuala Lumpur para facer unha viaxe no tempo ata a remota illa de Sumatra, onde viven os nosos “parientes”os orangutáns. Tomaremos como base o pobo de Bukit Lawang, un pequeno remanso de paz en plena selva de Sumatra, e punto de partida para adentrarnos no parque nacional Gunung Leuser nun trekking de 2D/1N…aquí comeza o espectáculo da selva!!!…orangutáns, gibóns, thomas leaf monkey e outras especies habitan nesta frondosa selva chea de vida. Faremos noite nun campamento ao lado do
rio e volveremos ao pobo en tubbing. Poucas comodidades que serán recompensadas coa amabilidade e xenerosidade da xente.
Recuperaremos forzas  durante un par de días antes de saltar de illa e aproveitaremos para facer divertidos paseos en bici polos arrozais, ver a pausada vida dos indonesios, bañarnos no rio compartindo tempo cos lugareños. E propable que nalgún dos días que pasemos no pobo haxa algunha voda….se é así ,os noivos e familiares estarán encantados de ter como invitados a un “bule".
Adiós Sumatra….benvida Java. Yogyakarta ou Yogya como a conocen os locales e a cidade mais bohemia e artística da isla de Java e punto de partida para visitar 2 auténticas marabillas, patrimonio da Humanidade pola Unesco desde 1991, Prambanam, conxunto de templos hinduistas e Borobudur o templo budista mais grande do mundo.Pasearse polos animados e bulliciosos mercadillos de Malioboro, adentrarse en calles laberínticas, subirse a un rickshaw, disfrutar da sua rica gastronomía fan de Yogyakarta unha cidade moi interesante.
Desde Yogya e por terra desprazarémonos nunha longa viaxe ata á área do volcán Bromo, onde poderemos contemplar un amencer espectacular, camiñar polo deserto de área e subir ata o mesmo cráter do volcán Bromo. Unha paisaxe que non nos deixará indiferentes e que permanecerá na nosa memoria para sempre.


Incluído no presuposto:

Voo Madrid-Kuala Lumpur-Madrid (ata Madrid pódese ir en tren, bus ou avión)

2 noites en apartamento con vistas as torres Petronas en Kuala Lumpur

Voo Kuala Lumpur-Medan

Bus Medam-Bukit Lawang (tourist bus+local bus)

Orangutan trekking 2D/1N (guia, comida, cea, almorzo e spa natural)+tubbing

3 días de aloxamento en Bukit Lawang (guesthouse acolledora, moi limpa, onde vos sentiredes parte da familia pero….con auga fría. Estamos na selva!!!)

Transporte privado Bukit Lawang-aeroporto Medam

Voo Medam-Yogyakarta

Hotel en Yogyakarta (existe posibilidade de aloxarse nunha casa indo-española co que teremos anfitrións de luxo)

Transporte por terra (tren+coche) á área do volcán Bromo

Hotel en Bromo

Transporte ata Surabaya para coller o avión destino……

E aquí está o interesante desta proposta…facer Surabaya-Kuala Lumpur e volta a Madrid (dentro de presuposto) ou ben facer Surabaya-Bali (avión que iria dentro do presuposto) e aproveitar para pasar uns días na marabillosa illa de deuses...onde se abre un mundo de posibilidades.

No hay comentarios: