miércoles, 19 de mayo de 2010

martes, 11 de mayo de 2010

BINGO 2010

Como penso sabedes a maioría, se a lotería que supón viaxar en avión nestes últimos tempos nos sonríe (para más información: aquí), Mariajo e mais eu viaxamos a Islandia o 20 deste mes, até o 1 de xuño (alongo a proposta da viaxe de César, para facer un percorrido por toda a illa). Daquela, para o bingo danse varias alternativas:

1. Que o fagades en ausencia do futuro exsecretario a última semana de maio, cando estea por aquí Javi. É unha posibilidade, pero lembro que iso significaría que alguén tería que facer as funcións de secretario, e que estaría ausente Mariajo, a quen aínda non lle tocou.

2. Que o deixemos para máis adiante, eu propoño primeira 15 de xuño (antes de que Elena e David se marchen de vacacións e sempre e cando non haxa moitas baixas).

Que vos parece? Acéptanse opinións e/ou decisións.

Por certo, comunico aos señores concursantes que se o puto volcán nos permitise chegar á Pérfida Albión (voamos vía Heathow) pero non a Islandia, probablemente pasemos de todo e nos vaiamos a dar un rule pola campiña británica. 

Eu non vou loitar contra os elementos!