miércoles, 7 de abril de 2010

David Inverno: Paseando entre volcáns, La Palma

É normal que coa idade prefiramos cruceiros e balnearios, pero... ¡hai que facer exercicio! Propoñemos unha semaniña de caminatas pola illa de La Palma.


O grupo mínimo son dúas persoas; o prezo: 690 euros (canta máis xente, máis barato sairá). A viaxe a La Palma vai à parte, e rondará os 300 euros.


Propoñemos un programa de seis caminatas, sen guía, por distintas partes da illa de La Palma. Previamente à saída, contaremos cun completo paquete de información con descrición detallada das rutas, mapa de sendeirismo, recomendacións, etc.


Especial atención merece a Caldera de Taburiente, espazo natural declarado de interés nacional polo seu particular ecosistema de pinar canario, espectacular paisaxe onde a agua precipítase en fermosas fervenzas e abundan os restos arqueolóxicos.


A viaxe inclue voo e almorzo. Este é programa.


Día 1: Voo cidade de orixe – Santa Cruz de La Palma. Chegada e tempo libre.


Día 2: Caminata Cubo de La Galga (4 hrs). Tras unha ruta pola laurisilva canaria, aloxamento no povo de Barlovento.


Día 3: Caminata de Barlovento a Los Franceses (4,5 hrs). Para quen bote de menos as ondas do Atlántico e os acantilados, un percorrido polo norte da illa. Aloxamento en Barlovento.


Día 4: Caminata Nacientes Marcos y Cordero (5 hrs). Desde aquí comeza unha espectacular excursión seguindo os túneles perforados na rocha (Recomendan levar linterna e impermeable para protexerse da aiga nas entradas e saídas dos túneles).Descenderemos polo bosque de laurisilva de Los Tiles, declarado pola UNESCO Reserva de la Biosfera. Aloxamento en Barlovento.


Día 5: Caminata Pico de la Cruz – El Paso (6,5 hrs). Los Llanos de Aridane. Espectacular vista sobre La Caldera de Taburiente, as cúpulas do centro astrofísico e as illas de Tenerife, La Gomera e El Hierro. Unha vez na Ermita del Pino, traslado a Los Llanos de Aridane (15 min.), onde dormiremos en apartamento.


Día 6: Caminata por la Caldera de Taburiente. De Los Brecitos até o final do Barranco de las Angustias (5 hrs). Situado no mesmo centro da illa, o Parque de La Cadera de Taburiente foi declarado Parque Nacional en 1.954. La Caldera ten un diámetro de 9 km e un perímetro dns 27 km, e debido á súa especial orografía goza dun clima soleado e ausencia de ventos durante case todo o ano. En vehículo todoterreno subiremos por una pista forestal até los Brecitos (1.040 m). Despois, baixada acarón do Río Taburiente, con opción a baño. Un vehículo levaranos cara Los Llanos, onde repetiremos noite.

Día 7: Almorzo e saída pola carretera cara ao Refugio del Pilar (1.440 m). Unha das rutas máis espectaculares da Illa, paisaxe volcánice e increíbles perspectivas cara às dúas vertentes de La Palma, desde os 2.000 metros. A senda iranos amosando vistas de La Caldera, El Paso e de illas de Tenerife, Gomera e El Hierro. Pasado o Hoyo Negro chegaremos a Las Deseadas, o punto máis alto do itinerario (1.949 m). Encontro co vehículo e traslado a Santa Cruz de La Palma.


Día 8: Voo à cidade de orixe.

Por suposto, para os sedentarios irredentos sempre é factible cambiar o plan dalgun dos días e deitarse nalgunha das praias que rodean aos volcáns. Alá cadanseu.

No hay comentarios: