miércoles, 7 de abril de 2010

David Verán: Irlanda, Doce Irlanda

Esta é unha proposta moi aberta. Aproveitando a próxima apertura da liña de Aer Lingus SCQ-Dublin (martes, xoves e sábados), podemos dar o salto cara Hibernia e dedicar unha semán completa (en fin de semán é máis caro, pero aínda así sería posible) a coñecer a illa, con base en Dublín. Se non fose posible ir directamente, sempre é factible voar a Madrid e desde ali coller o voo de Aer Lingus, que é diario. O costo do voo sería, tirando polo alto, de 300 €.

Acharemos acomodo nun céntrico apartamento, amplo (ou sexa, que vale para grupos) e moi perto da capela do Trinity College, polo módico prezo de 695 € (tarifas do 2010).

Non hai plan de viaxe, de xeito que cada ún pode facer o que queira por Irlanda adiante durante unha semán. Como se non se quere mover un de Dublin, que ten pubs e cousas para ver e beber dabondo. De feito, se o voo non sae moi caro, é máis que posible alugar un coche durante uns días para percorrer a illa.

No hay comentarios: