Esa recóndita rexión de Marrocos, onde as
montañas atopan ao deserto, onde proliferan as palmeiras datileras. Cortada por
profundos cañóns e salpicada de áridos outeiros, percorrida por regos que se
estreitan cara o Sahara. Luz intensa e cores suntuosas vernizan esta paisaxe
agreste.
A nosa base estará aquí, no Kasbah Hotel
Tombuctou, tantas noites como de o presuposto (mínimo, catro, en torno a
catrocentos euros): https://www.booking.com/hotel/ma/tombouctou.es.html. Tamén hai opción a buscar un hotel menos luxoso, co
cal podería aumentar o número de días.
Hotel emprazado no deserto de Erg Chebbi, en Merzouga, aos pés das dunas de dourada area, cunhas fascinantes tonalidades ao mencer e ao solpor.
Perto de aquí, cidades perdidas, testemuñas doutras épocas, como Rissani, Erfoud, Er-Rachidia, ou os ksour, as prazas fortes comunais, construídas en adobe, nas que as poboacións se protexían das incursións de tribus nómadas pouco amistosas, como Midelt.

No hay comentarios:
Publicar un comentario