miércoles, 30 de mayo de 2018

David Verán: Moscú


Vó dende Santiago, vía Madrid, ou via Barcelona, con Iberia, en tepada alta, sobre 550 euros.
6 noites en Moscova, nun apartamento (On 1905 Goda) situado no distrito Presnenski, perto de centro. O apartamento conta con todo tipo de servizos, incluídos wifi gratuíto e cociña, por se queremos aforrar e comer “na casa”. Sobre 550 euros a través de Booking.

 Solucionado o tema da viaxe e o aloxamento, só nos queda desfrutar (lembrade que hai que sacar o visado, costeado co orzamento 20 para 1).

Cousas que ver en Moscú. Pois empezando polo máis coñecido, que imos contar do Kremlin, a Praza Vermella e a Catedral de San Basilio..

O Teatro Bolshoi (a ver se hai sorte e dan algunha función), o parque Gorki, a Rúa Arbat, o metro de Moscú, o cemiterio Novodévichi, o mausoleo de Lenin...
 
E se queremos, saímos cara o anel de ouro de Rusia, con cidades como Súzdal o Sérguiev Posad, e o contraste entre a grande urbe moscovita e o entorno rural, poboado de mosteiros e fortalezas...

No hay comentarios: