En Samarcanda os hoteis son alucinantemente baratos (Booking dixit): vin cousas decentes por 100 € tres noites. De Samarcanda a Buxoro (coñcida polos occidentais como Bukhara) trasladámonos en tren, e aquí tamén os hoteis son baratos, aínda que menos. En todo caso, como quedarían uns 300 € unha vez descontado o voo, dá de sobra para uns 6 días e mesmo podería chegar para taxis.
O regreso, de novo tren a Samarkanda e voo de volta. Se vos interesase mesmo existe a posibilidade de que o voo a Samarcanda desde Estambul saia case 23 horas despois da chegada, así teriades un día para botar unha ollada a Estambul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario