lunes, 18 de febrero de 2008

BRUXAS no verán (Merce)

Galegas, galegos,…imos a Bruxas!!!

-Viaxe presupostado para agosto (pódense ver datas nos meses de verán)
-Avión: dende A Coruña-Bruxelas (1 escala) -Tren: Bruxelas - Bruxas (arredor dunha hora)
-Aloxamento 1 semana con almorzo, nun céntrico hotel de 3 a 4 estrelas (adaptándonos ao momento da viaxe) .
Bruxas, coas súas canles, é a Venecia do norte. Histórica cidade onde se fabrica encaixe, situada a uns 90 km ao noroeste de Bruxelas. É a capital da provincia de Flandes Occidental que coñeceu moitísima prosperidade ala polos séculos XIII e XIV como centro do comercio da lá. Non obstante, deixouse de utilizar cando os sedimentos obstruíron as saídas acuáticas ao mar do Norte.
As súas casas de cores, os seus xardíns, os seus paseos en carruaxe de cabalos (por se alguén lle apetece...)
Aínda que se pode utilizar o transporte público (ticket de día 2,90 €) tamén se pode ir en bicicleta (15 € día) ou en barco(excursións de 30’ saen arredor de 5,50 €)
Non conto máis, quen queira coñecela que a vote pero... (este ano quizais estea eu máis atenta ao bingo)

No hay comentarios: