miércoles, 1 de julio de 2015

Gena, Ruta inglesa con Jane Austin

RUTA JANE AUSTIN VIAXE, PLACER, LETRAS!
AMARÁS A JANE AUSTIN SOBRE TODAS AS COUSAS!
AMARÁS A CAMPIÑA INGLESA PARA SEMPRE!

STEVENTON-BATH-CHAWTON-WINCHESTER-LONDON

Faremos base en London e dende aí, alugaremos un coche e viaxaremos aos lugares emblemáticos na vida de Jane Austin (todos están a 1 ou 2 horas de London). Viaxe inclúe avión, aluguer coche e estancia en apartamento Londres (dependendo do prezo estancia a viaxe pode ser dunha semán a 9 días) 

STEVENTON
Neste pobo naceu Jane Austen no 1775, viviu até os 25 anos, mundo da pequena burguesía rural á que pertencía Jane, aquí escribiu La abadía de Northanger, Orgullo y prejuicio y Sentido y sensibilidad. 
Segredos da súa vida sairon á luz nunha recente excavación.

Finds from an archaeological dig at the birthplace of Jane Austen are beginning to reveal details of the author's early home life.Volunteers excavated the field in Steventon in the Hampshire countryside in 2011 where the village's old rectory once stood.

BATH 
Friki tour total na cidade balneario! Allí viviu durante 5 anos e, a pesares de que a Jane Austin non lle gustaba nada a cidade, teñen montado un sarao que ni paké. No 40 de Gay Street atópase o Jane Austen Centre, coa súa colección de mobles da época, vestiario dalgunhas das adaptacións para televisión e unha tenda na que entregarse ao kitsch e mercar recordos de todo tipo. 

O seu paso por Bath inspiroulle Abadía de Northanger e Persuasión. Pero alí podedes desfrutar de todo tipo de comodidades dunha das cidades máis visitadas de Great Britain, cidade balneario, cidade de vacacións. 

RELAX NO THERMAE BATH SPA

ABADÍA DE BATH

BATH RIVER



CHAWTON

Aquí viviu durante anos e aínda se conserva a casa que habitaba, unha casiña de ladrillo vermello onde se exhiben mobles, a súa mesa de escribir, cartas e outros obxectos. Lugar obrigado de peregrinación da ruta Austinista.


WINCHESTER

Aquí está enterrada Jane Austin na súa impresionante Catedral.









1 comentario:

Parauneros dijo...

Pivi, eres lo más. Yo digo "me gusta".
Elenosky