miércoles, 19 de junio de 2019

Iñaki VERÁN: Orkney!

Pois na miña teima de mandarvos a illas raras, este ano vou bastante ao norte: as Orcadas (como lle chaman en castelán). Un pequeno arquipélago ao norte de Escocia con paisaxes alucinantes e xacementos arqueolóxicos de flipar. E hai que aproveitar mentres a libra siga tan baixa. O arquipélago ten unha pintaza, de veras. A viaxe está pensada para a illa principal (chámanlle "Mainland", non digo máis) 8 días - 7 noites.


A proposta é simple:
  • Voo con Ryanair desde Porto ata Edinburgo
  • Voo con Loganair Edinburgo-Kikwall (capital da illa principal.
Hoxe mesmo, para comezos de setembro, consigo os voos por 450 €, aproximadamente. Así que nos quedan case 700 para a estancia. Habería que facer unha noite en Edinburgo á ida e na "Terra Principal" atopo sitios (Bed & Breakfast) por menos de 500 euros as restantes 6 noites cunha pinta máis que decente e moi ben valorados (máis de 8 en Booking). Iso si, para moverte por alí terás que facelo a pé ou en bicicleta; se te queres mover en coche terás que poñer ti os cartos para alugalo.

No hay comentarios: