lunes, 9 de abril de 2007

Propostas de Gena

Proposta de verán : ESCOCIA.
Maravillosa tournée polas terras máis húmedas da Gran
Bretaña.Edimburgo,Glasgow entre outras cidades e posibilidade de extensión ás Illas Orcadas.
Castelos históricos, casas solariegas, museos e pinacotecas, destilerías de whisky, acuarios, reservas naturais e un longísimo etcétera.
PRESTADE ATENCIÓN ás illas Orcadas onde fai tempo, unha tormenta azotou as costas levándose unha serie de dunas e deixando ó descuberto unha pequena aldea da Idade de Pedra, ainda equipada con pequenos mobles de pedra(¡Que bonito!). Nas proximidades atoparedes cemiterios con séculos de antigüidade, círculos megalíticos e restos dos vikingos.(cortesía para as/os
arqueólogos.)



Proposta inverno: BOLONIA,PARMA E MÓDENA.
Achegamento á rexión de Emilia Romaña, onde quedaremos fascinadas pola súa beleza tranquilidade e poderío gastronomico (de todas coñecido o famoso queixo parmesano e o vinagre de Módena)
Tamén coñecida coma o "val do motor"por ser o lugar onde se constrúen tres míticas marcas de coches de fórmula 1: Ferrari, Maserati e Lamborghini, cos seus respectivos museos e fábricas que podedes visitar.
ATENCIÓN, para todas aquelas persoas non interesadas no mundo do motor (xa sabemos en quen recae tal distinción) advertir que nos centros históricos das mencionadas cidades só se pode acceder a pé ou en bicicleta para o que existen numerosos locales onde alugalas.

No hay comentarios: