lunes, 11 de marzo de 2013

Illa de Sao Miguel, nas Açores ( Cris Inverno)


Unha viaxe a un dos últimos paraísos de Europa, unha combinación de exuberante natureza, historia, paisaxes volcánicas, fauna, e boa comida! Das nove illas do arquipélago eliximos a illa se San Miguel (“a illa verde”), aloxándonos na súa Capital, Ponta Delgada.

O itinerario da viaxe é o seguinte: saída de Oporto ( habería que ir en coche ou en tren ata alí), voo directo a Ponta Delgada con SATA, e seis noites alí nun hotelazo, o hotel Talismán, situado no centro histórico de Ponta Delgada.

















O presuposto cubre o voo dende Oporto, a gasolina en coche particular dende Santiago, e o hotel con almorzo. Pódese optar por hotel máis modesto e facer máis longa a estancia.
Para movernos pola illa podemos alugar un coche ( un 200 euros), ou contratar algunha das empresas que fan visitas aos distintos paraísos naturais da illa.
Se queremos avistas baleas, xogar con delfíns, mergullarnos... podemos contratas empresas especializadas coma esta
 http://picosdeaventura.com/pt/acts_1.php?id=19

A viaxe está pensada pra finais de setembro- comezos outubro, antes de que chegue a temporada de chuvias. A animarse.

No hay comentarios: