viernes, 8 de marzo de 2013

Merce: No verán… imos a TURQUÍA


Merce: No verán… imos a TURQUÍA

Para desconectar deste “sinsentido de país”, propoño viaxar a Turquía, combinando Estambul e Capadoccia (logo poderías continuar pola túa conta en coche ata Pumukkale…). Podémolo adaptar ao período dispoñible da persoa afortunada.Nesta viaxe precisamos os cinco sentidos. Itinerario:-Voo directo en Turkish Airlines: Santiago – Estambul (Chegada a Estambul ás 19,15 h) e transfer ao hotel-Aloxamento 3 noites con almorzo incluído: hotel Niles http://www.hotelniles.com/ ) ou hotel Linda (http://www.istanbulhotellinda.com/ ), ambos na zona do casco antigo de Sultanahmet 


- 3 días para disfrutar Estambul: visitar Santa Sofía, a Mezquita Azul, a Caferaga Medressa, o  Gran Bazar, o Pazo de Topkapi,… comer un sándwich de peixe na Ponte Gálata antes de subir pola noite á Torre Gálata,...disfrutar dun riquísimo kebap no Sarniç restaurant (unha antiga basílica bizantina),..os baños turcos... 
 - Voo interno desde Estambul ata Neveshir. Traslado do aeroorto de Neveshir a Goreme

- Aloxamento 3 noites nunha cova, Anatolia Cave Pension en Goreme (http://www.anatoliacave.com/ )
- Visitar Capadoccia, quizá dende o aíre ... en globo e deleitarse dun xeado turco no Museo ao Aire Libre, uhmmmm!

E…. volvemos a Estambul e dende aquí ao día seguinte a Compostela. Que bonita viaxe!

(Inclúese guía e recomendacións de lugares)
 


No hay comentarios: