viernes, 8 de marzo de 2013

Iñaki Inverno: SANTORINI


Que dicir desta illa grega que non estea dito xa? A antiga Thera, cunha civilización aliada da micénica e destrozada pola erupción do volcán. Hoxe a illa está formada polos restos dese crater, por cuxas paredes se extenden os pobos brancos, e os múltiples hoteis. Un paraíso para o turismo de sol.

Aínda que poño inverno, en realidade é unha viaxe de outono ou primavera, porque en verán é carísimo, e moitos hoteis pechan nos meses de inverno. Pero bueno, igual se pode buscar algún que siga aberto despois, porque por hoteis non vai ser...

A voo farase, dependendo da época vía Barcelona (a opción máis económica, pero moi limitada no tempo e un tanto endiablada), ou vía Atenas. En función disto, o número de días variará, pero teño igualmente dúas opcións:

Artemis Villas
Un pijerío, a todo tren, no que dá, como mínimo, para tres noites


Atrium Villa
Un hotel máis modesto, pero moi ben valorado, que a 82 € noite, penso que dá case para tirarnos sete noites a disfrutar do sol do mediterráneo...

No hay comentarios: