viernes, 8 de marzo de 2013

Iñaki verán: SARK / SERCQ

Que onde carallo queda isto? Pois que saibades que esta illa era nin máis nin menos que o último estado feudal de Europa ata o ano 2005. Con apenas 6 km2 e 600 habitantes é unha das illas do canal que pertencen ao Reino Unido, ata entón a illa estaba gobernada polo “Seigneur” feudal, o único que pode ocupar o primeiro banco na igrexa,  que pode ter pombas e cans, e gozar da propiedade de todos os bens que trae a marea alta ou que as olas botan á costa, e quen ten dereito a cobrar unna terceira parte do valor de cualquera venda de terras, entre outras lindezas.

Pero o máis currioso da illa é que as súas rúas son de barro, carecen de alumeado público, e non circulan coches senón bicicletas, carretas de cabalos, e tractores. Un paraíso sen apenas contaminación lumínica dentro de Europa.

E a pesar destas modestas dimensións e aparentes servizos, é un destino turístico de primeira orde, e non só para observar as estrelas. Hai mogollón de hoteis, Bed & Breakfast, e ata dous campings.

A miña oferta é a seguinte:
  • Voo Santiago-Londres Stansted con Ryanair 
  • Desgraciadamente esta ano habería que facer noite en Stansted, porque non hai enlace directo.
  • Voo Londres Stansted - Guernsey (a illa grande máis próxima), cunha compañía local
  • Ferry Guernsey - Sark (1 hora de viaxe, aprox.)
O regreso podémolo facer directo no día (ou, igual, facendo unha noite en Guernsey)

En canto á estancia, ofrézovos dúas posibilidades, unha pija (para a que calculo que dá para tres noites), e unha media/barata (para a que dá para cinco noites, ou mesmo para estar algúns días en Guernsey e coñecer tamén esta illa!).Vide Disfrutar da paz e da relaxación!

La Moinerie Hotel
Un 4 estrellas, o mellor valorado en Tripadvisor, e con piscina exterior climatizada, que dadas as latitudes non ven nada mal, mesmo que sexa verán.

La Marguerite
Un Bed & Breakfast con moi boa pinta, e con moi boas críticas.

No hay comentarios: