domingo, 12 de febrero de 2017

Elena Outono - Inverno: Capri (Italia)



Quen non quere vivir polo menos por unha vez como un auténtico emperador romano!!!! pero non hai que ir de campaña a conquistar novos territorios, non, imos a eses lugares únicos no mundo que non son accesibles para os mortais pero si para os membros de 20 para 1. Imos pasar cinco días na illa de Capri a todo tren.
  
Aquí si podo dicir con coñecemento de causa que é un lugar rechulisimo, é un auténtico paraíso ao alcance de moi poucos porque a illa é moi pequena e os hoteis son bastante exclusivos pero alá imos catro días ou cinco días, ou incluso máis dependendo da época. Eu recomendo finais de setembro principios de outubro.

A viaxe será en avión dende Madrid a Roma, alí collemos un tren que nunha hora non leva á unha das cidades más incribles das que eu nunca estiven, Nápoles. Alí collemos un barco que nos leva a Illa de Capri, a viaxe en barco é realmente bonita, recomendo tamén un recorrido pola cosa Amalfitana (tamén en barco).  Se algún de vos escolle este viaxe merece a pena deixar un par de noites en Nápoles para visitar Pompeia e Herculano e para pasar un par de noites paseando por Nápoles e comer a pizza máis rica do mundo, o presuposto non está axustado, creo que pode dar para un par de noites de hotel na cidade. O hotel en Capri é o Capri Tiberio Palace, non podía ter outro nome.

Un bo libro, paseos pola illa pola mañán é unha luz realmente única ao atardecer perto da Bahía de Nápoles, non son as Cíes pero casi. Síntase co Margarita Yourcenar, imos a Capri.

No hay comentarios: