domingo, 12 de febrero de 2017

Elena Primavera - Verán: Tiflis (Georgia)



Pois si muchachos, un novo destino, descoñecido para a gran maioría pero que merece moito a pena. Semella que o país é unha marabilla cunhas paisaxes incribles, imos empezar coñecendo e desfrutando da súa capital, Tiflis.

Unha das súas lendas di tal que así: cando Deus destribuiu a terra entre as nacións, os xeorxianos foron os últimos en recibir debido a que chegaron tarde por estar previamente dándose un banquete a pleno sol. Así, Deus lles dixo que non quedaba territorio algún, e os habitantes de Xeorxia xustificaron a súa demora debido a que estaban festexando un acto de alegría a pleno sol no que brindaban a saúde de Deus. Este, tras recibir invitación para unirse a eles e ver unha serie de danzas típicas quedou impactado e decidiu darlles un pouco da terra que se gardara para si mesmo e irse a vivir as nubes.

A viaxe en avión hai que facela por Estambul e alí cóllese outro a Tiflis. Para facer o presuposto escollín un hotel moi céntrico de tipo medio-alto e 6 noites (Hotel Lowell) tamén quedaría a posibilidade de facer unha escapada de un día para ver a paisaxe nas inmediacións da capital.

No hay comentarios: