Seguro que todos lembrades estas magníficas
piscinas do anuncio dos corpos Danone. Un sitio único que para a pena visitar,
situado nas portas da Capadocia. Son piscinas naturais de augas quentes ricas en
carbonato cálcico. Bonito, eh?
Iso si, un pouco lonxe. Para chegar, o máis
doado é ir desde o Porto con Turkish Airlines ata Istambul, e desde alí, tamén
con Turkish, ata Denizli, capital de provincia máis próxima ao balneario (viaxe
ida e volta por 423 € a finais de marzo). Desde o aeroporto hai buses ata
Pamukkale, aínda que moitos hoteis que ofertan o traslado. Existe a alternativa
de alugar un coche e percorrer os 600 km que hai entre Istambul e Pamukkale
pero prefiro non saber como é o tráfico en Turquía...
O voo sae do Porto ás tres da tarde, así que
non fai falla durmir alí. Pero os enlaces en Istambul non son moi bos, así que
como mínimo hai que facer unha noite á ida. Á volta existe a posibilidade de
enlace directo madrugando. En todo caso, en Pamukkale os hoteis son moi baratos
(un 5 estrelas non chega a 50 €/noite nas mesmas datas), así que como vedes,
hai diñeiro de sobre para, se non a coñecedes, pasedes algunha noite extra en
Istambul e coñezades esta perla do mediterráneo. Eu particularmente estaría
dous ou tres días en Pamukkale e o resto do diñeiro o gastaría en Istambul.
P.D. Para os tolos das pedras en Pamukkale
poderedes visitar os restos da cidade grega de Hierapolis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario