Unhas illas volcánicas pequeniñas situadas ao
norte de Sicilia. O obxectivo é Lípari, a illa principal (con castelo e
catedral, non pensedes!). Un bo sitio para pasar uns días do verán. Para chegar
alí hai que voar a Sicilia vía Barcelona con Vueling (Palermo ou Catania:
reservando con tempo uns 400 €, pode que mesmo menos). Desde Catania (só hai
voos de xuño a setembro) habería que coller un transporte (hai tren) ata
Millazo (entre 18 e 33 € I/V) e aquí un barco ata Lipari, con viaxes todo o ano
(35 € a opción lenta). Desde Palermo hai tamén barcos directos, algo caros (120
€ I/V) pero só a partir do 20 de xuño; antes habería que ir en tren a Millazo
(entre 26 e 49 €).
A oferta hoteleira e de apartamentos en Lipari
é abundantísima, así que, con calquera das dúas opcións, quédanvos 450 € para
pasar sen problema un mínimo de 4 ou 5 días. Iso si, xa aviso, seguro que é un
destino caro nos meses de xullo e agosto. Sería recomendable que se
escollérades para ir xuño ou setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario