ÚNETE Á INVASIÓN GALAICA DE NOVA ZELANDA
Viaxa dende setembro-abril, hai ofertóns dende
Porto ou vía Londres (os prezos van variar dependendo do tempo de antelación e
a época pero vin prezos dende 600 a 700 euros)
Certo que daría para o avión e algún día de
hotel (hai de moitos prezos)
Certo que é unha viaxe moi longa (conste que
vía Auckland son das rutas máis directas ao páis do Kiwi)
Certo que non vas ter outra oportunidade na
túa vida dunha viaxe así
Certo que unha familia galega agradecerá a túa visita
(e máis se levas productos alimenticios galaicos)Mount Eden
Un dos moitos montes que rodean a cidade e que antiguamente eran volcáns, con 196 metros, o Mount Eden é un dos máis altos polo que ten unha das mellores vistas da cidade e pódese ir nunha pequena excursión ou co bús urbano.
Queen
Street
Unha
das rúas principais de Auckland, imprescindible recórrela con multitude de
locais, bares, edificios históricos, galerías de arte, teatros e o concello da
cidade.
Porto
de Auckland
En pleno centro da cidade, con oríxes no século XIV cheo de food trucks e
locais para tomar unha copa e pasear ao lado do mar.
Sky
Tower
Edificio
con 328 metros, icono más característico
de Auckland. Pódese subir á plataforma de observación cun chan de cristal que
fará as delicias de viaxeiras intrépidas , tomar un cóctel ou tamén se pode
facer skyjump, ou sexa saltar.XARDÍN BOTÁNICO WINTER GARDEN