PROPOSTA DE VERÁN: TOSCANA EN TREN (FLORENCIA-
SIENA-PISA)
(6 DÍAS)
Movernos en tren pola Toscana é
unha opción chula e con moitas posibilidades (hai unha morea de trens rexionais
e tamén de alta velocidade entre as vilas máis grandes da rexión). Tamén podes alugar un coche e, ao teu aire,
como prefiras!
Volamos de Santiago
a Florencia vía Barcelona. Alí pasaremos
a primeira noite e a última. As outras tres en Siena, desde onde faremos o
desprazamento a Pisa.
....................................................................................................................................
FLORENCIA:
O Hotel de Florencia: un hostel grande, moi cool e bastante céntrico: o Plus Florence
Hotel Plus Florence |
Hotel Plus Florence SIENA: |
En Siena: temos tres opción a escoller:
- - Hotel na cidade: Albergo centrale.
- - Camping: Camping Siena Colleverde.
- - Turismo rural: Agriturismo La
Grotta di Montecchino.
Albergo Centrale |
Camping Siena Colleverde |
La Grotta di Montecchino |
Cal prefires?;-)
A viaxe inclúe desprazamentos e hoteis.
La
Toscana sempre nel cuore!!!
PROPOSTA DE INVERNO: OS ALPES SUÍZOS NO “WHITEPOD”
(4 DÍAS)
Onde están estas
abraiantes cápsulas ecolóxicas e futuristas? Nos Alpes Suízos, no cantón de Valais, no pobo de Les Cerniers. A só 45 minutos en coche de Montreux o 1h 30
en coche del aeroporto de Xenebra. O hotel Whitepod está formado por estas
carpas xeodésicas feitas de fibra illante e con estufa de leña. Interior Deluxe! Descansan
sobre plataformas de madera, a 1400 metros de altitude, nunha ubicación
espectacular, con vistas ao Leman e ás montañas da contorna. Conta con 25 km de
sendeiros señalizados, dous chalets, restaurante e sauna finlandesa.
Pa
fliparrrr!!!
Suxerencia: como complemento a este bocado de
natureza alpina, podes quedar algún diíña máis hospedad@ nun hotel de Xenebra, e
coñecer un pouco a cidade e ós lugares circundantes.
Whitepod |
Whitepod A viaxe inclúe desprazamentos e tres noites no hotel. Abraiantes Alpes! |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario