lunes, 2 de septiembre de 2019

David Verán. África do Sul: Ruta Xardín en coche



Si, é unha viaxe organizada aínda que non o pareza, así que podedes consultar o itinerario completo na páxina de Logitravel https://www.logitravel.com/circuitos/sudafrica-ruta-jardin-26414172.html
Oferta válida até agosto do 2020! Inclúe gastos de aloxamento e aluguer de vehículo.

A ruta é espectacular, pola costa sur do país, visitando enclaves naturais e cidades coloniais. O itinerario é o que suxire a axencia, pero é factible adaptalo aos nosos gustos e plans, sempre e cando non se incremente o presuposto. Aquí vai un resumo:

Día 1: Saída desde Madrid e noite a bordo.
Día 2: Este dia podes recoller o coche na oficina de aluguer. Percorre Capetón ao teu ar e fai noite ali mesmo.
Día 3: Percorre os arredores de Capetón (Parque Nacional de Table Mountain…) e fica outra noite a desfrutar da cidade.
 Resultado de imagen de table mountain national park

Día 4: Percorrido pola costa oeste: Cidade do Cabo - Pico de Chapman - Cabo de Boa Esperanza - Boulders Beach - Cidade do Cabo, onde hai de todo: paisaxes naturais espectaculares, fauna salvaxe, bodegas...
Día 5: Cidade do Cabo - Betty’s Bay - Hermanus (Excursión en barco opcional para avistar baleas francas ou tiburóns brancos, en xaulas ben preparadas, iso si...), percorrendo acantilados e bahías... Aloxamento en Hermanus.

Resultado de imagen de hermanus ballenas

Día 6: Hermanus - Mosselbaai - Oudtshoorn – Knysna. Pola ruta 62, praias fermosas e acantilados de vertixe, avestruces e covas espectaculares. E segue a haber bodegas... Aloxamento en Knysna.
Día 7: Knysna - Plettenberg Bay - Reserva Natural Robberg - Parque Nacional Tsitsikamma – Knysna. Elefantes, arroaces, baleas... a oportunidade de ver fauna variada no seu hábitat natural. Aloxamento en Knysna.

Resultado de imagen de tsitsikamma national park

Día 8: Knysna - Port Elizabeth. Praias de surfeiros, e vellos barrios vitorianos con aroma a rancio abolengo. Unha oportunidade para comprobar se o marisco local supera ao noso... como din algúns. Aloxamento en Port Elizabeth.
Día 9: Port Elizabeth – Cidade de orixe: Hai que presentarse no aeroporto con antelación suficiente, entregar as chaves do coche (mellor se non ten golpes) e coller o voo de regreso á nosa casiña.

Non me digades que non é tentador...

No hay comentarios: