Si... Repito proposta porque estaba moi currada e segue a parecerme atractiva (iso si, cambiei as fotos :-)
Esa recóndita rexión de Marrocos, onde as montañas atopan ao deserto, onde proliferan as palmeiras datileras. Cortada por profundos cañóns e salpicada de áridos outeiros, percorrida por regos que se estreitan cara o Sahara. Luz intensa e cores suntuosas vernizan esta paisaxe agreste.
A nosa base estará aquí, no Kasbah Hotel
Tombuctou, tantas noites como de o presuposto (mínimo, catro, en torno a
catrocentos euros): https://www.booking.com/hotel/ma/tombouctou.es.html. Tamén hai opción a buscar un hotel menos luxoso,
co cal podería aumentar o número de días.
Perto de aquí, cidades perdidas, testemuñas doutras épocas, como Rissani, Erfoud, Er-Rachidia, ou os ksour, as prazas fortes comunais, construídas en adobe, nas que as poboacións se protexían das incursións de tribus nómadas pouco amistosas, como Midelt.
E, por suposto, marabillas como o palmeiral do oasis de Tafilalt, ou o manantial de Meski, ou a garganta do rego Ziz. Todo iso a xestionar desde alí, puidendo acudir aos tour organizadas, en camello, en 4X4, ou polos medios que se consigan. Non todo vai ser turismo de masas. Pero recomendamos alugar un coche, a ser posible 4x4 (uns 300 euros), no mesmo aeroporto de Marrakech, onde chegaremos vía Madrid (sobre 200 euros ida e volta), e de onde voltaremos ao final da viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario