martes, 10 de abril de 2007

Iñaki, inverno


AL-QUDS / YERUSHALÁYIM / XERUSALÉN

Unha cidade, tres relixións


Visitar Terra Santa? E porque non, logo destas datas tan sinaladas? Viaxe a esta cidade, crisol de culturas, e observa unha realidade un tanto diferente (ocupación incluída).


A cidade vella de Xerusalén é simplemente impresionante. Á parte das murallas, podedes facer o percorrido a pé até o Pretorio de Pilatos e pola Vía Dolorosa até o monte do Calvario. Igrexas como a do santo Sepulcro, os zocos, a zona del templo, co muro das Lamentacións, e a explanada das mezquitas. E na zona nova, podedes ver o monte dos Olivos, os xardíns de Getsemaní, a Tumba da Virxe, o Santuario do Libro, onde se exhiben os manuscritos do mar Morto, ou a tumba del rey David. Posibilidade de visitar facilmente Belén, coa igrexa da natividade, e Masada, a cidade hebrea que resistiu aos romanos, e mesmo o Mar Morto.


O viaxe é de 5 días (catro noites) con posibilidade de estendelo algún máis. Aloxamento nun hotel de 4 estrelas, como o Jerusalem Gate, o Shalom ou o Park Plaza.

2 comentarios:

Mediopelo dijo...

O xogo ábrese ao mercado asiático. Interesante...

pinhaqui dijo...

Eu pensaba que Israel era un país "Uropeo", que pra iso concursa en Eurovisión, non? Ou será que Xerusalén oeste é europea, e Xerusalén leste oriental?