Tenerife: Estrelas e volcáns
Mariajo Inverno
Si amigüitos, esta proposta pretende levarte a Tenerife durante 5 días,
pero non penses que é unha simple oferta de sol e praia. Veña!, imos a
perdernos en esta marabillosa illa:
Lo vais flipar!!!
Volaremos ata Tenerife Sur dende Santiago, no aeroporto podemos coller o
noso coche alugado e buscaremos un bo lugar para poñernos a secar. Este
primeiro día durmiremos nun hotel perto do aeroporto e ben pegado á praia como
o Vincci Tenerife Golf
http://www.vinccihoteles.com/Hoteles/Espana/Tenerife/Vincci-Tenerife-Golf
Unha vez ben sequiños marcharemos cara ao Teide.
Ese noite durmiremos no Parador das Cañadas do Teide polo que ao
anoitecer, cando marchan todos os turistas, poderemos deleitarnos da
experiencia de ter o parque nacional para nós solos.
E pola noite poderemos alucinar co incrible ceo do Teide
Si esta experiencia non te parece suficientemente alucinante recoméndote que te des un garbeo polo val de Masca
Esta terceira noite imos durmir en Guarachico, nun pequeno hotel con
encanto
Aínda que nos quedan un millón de cousas por coñecer da illa, tendo en
conta que estamos en inverno e aquí fai solete é o momento de volver a praia,
así que nos marchamos de volta para Tenerife sur e pasaremos dous días tirados
ao sol nun hotel de Costa Adeje terminando o proceso de secado
Perseguindo a Montalbano
Mariajo Primavera - Verán
Unha edición do 20
para 1 sen Viaxe a Sicilia???, pero que está pasando aquí!!!!!! visto que
Victoria non se anima de esta vez non teño más remedio que recuperar un
clásico.
Xa sabedes, como
sempre a viaxe inclúe voo, aluguer de coche, e, neste caso 6 noites de hotel.
Seguiremos o
Rastro de Montabano e para iso perseguirémolo por algúns dos lugares nos que se
roda a serie de TV como Ragusa,
e xa que estamos nos daremos un garbeo polo sueste
da illa, pasando por Siracusa o Catania......
Ah!!! e buon
appetito
1 comentario:
dios mio qué macarrones, da ganas de meterse dentro!
yolanda
Publicar un comentario