martes, 25 de febrero de 2014

Ilhas Açores...pero no verán!!! (Cris)

Insisto con esta viaxe a un dos últimos paraísos de Europa, a ver se alguén se me anima!!!! Non vos apetece combinar natureza, historia, paisaxes volcánicas, fauna, e boa comida, ... co bo tempo do verán??? Das nove illas do arquipélago eliximos a illa se San Miguel (“a illa verde”), aloxándonos na súa Capital, Ponta Delgada.

O itinerario da viaxe é o seguinte:
Saída de Oporto ( habería que ir en coche ou en tren ata alí), voo directo a Ponta Delgada con SATA, ou dende Madrid con TAP (eso si, este case seguro que con escala)
Para aloxamento eu propoño de novo o hotel Talismán, precioso, situado no centro histórico de Ponta Delgada, aínda que hai outras opcións moito máis baratas.
O presuposto cubre os voos (se é dende Porto hai que incluir a gasolina en coche particular, ou o tren, para traslado a o Porto), e o hotel con almorzo. Se optamos por un hotel máis modesto podemos estar máis días.

Para movernos pola illa podemos alugar un coche ( un 200 euros), ou contratar algunha das empresas que fan visitas aos distintos paraísos naturais da illa.
Se queremos avistar baleas, xogar con delfíns, bucear, baixar barrancos, facer sendeirismo.... podemos contratar empresas especializadas  http://www.lusoviajes.com/tematica/ofertas/viajes/639/acores__azores
                                                     http://picosdeaventura.com/pt/acts_1.php?id=19

A viaxe está pensada para o mes de Xullo, podería ser xa!!!

No hay comentarios: