Que se pode dicir da Madeira que non se teña
dito xa? Unha marabilla de lugar, con boas temperaturas todo o ano e unhas
paisaxes espectaculares, o lugar ideal para escapar da longa noite de pedra
compostelá.
Esta vez mándovos a un lugar retirado a
relaxarvos: a Fajã dos Padres. Unha antiga explotación agrícola xesuíta situada
case ao pé do Cabo Girão, o segundo acantilado máis alto do mundo. Unha pequena
franxa de terra no sur da illa unicamente accesible desde o mar ou a través dun
elevador que descende en 4 minutos os máis de 250 m de desnivel.
A miña proposta é: avión desde Oporto (para que
saia barato igual hai que pernoctar nun hotel preto do aeroporto) + aluguer de
coche + estadía en réxime de aloxamento e almorzo. Dependendo do voo, do tempo
antes que se reserve, etc. pode variar moito de prezo, pero agora mesmo dáme para setes días en marzo sen ningún
problema.
A relaxarvos lonxe do mundanal ruído!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario