domingo, 23 de febrero de 2014

VIAXES DE MERCE



Este ano vou propor como destinos dúas cidades medievais patrimonio da Humanidade, as dúas emprazadas nun meandro,... ás que me gustaría volver:

Viaxe a Chequia-destino Český Krumlov – PRIMAVERA (Merce)

 Gastos incluídos: o voo Santiago – Praga con 1 escala. Desprazamento en bus ou coche de aluguer ata Cesky Krumlov. Aloxamento 3 noites a elixir, eu propoño a 1ª e a 3ª en Praga e a 2ª en Cesky Krumlov, en aloxamento tipo: en Praga Hotel Carolline http://www.hotelsprague.cz/carolline_e.php en Cesky Krumlov en Hotel Billa Conti http://www.krumlovhotels.cz/villa-conti_e.php?site=cesky-krumlov

Cando viaxei a Chequia visitei Cesky Krumlov un pouco por sorpresa, impresionoume tanto que dende aquela en cada viaxe busco ‘ese lugar distinto’ que eu xa lle chamo na súa honra o ‘cheskikrumlov”.


Xoia arquitectónica do sur de Bohemia, é unha vila medieval cun impresionante emprazamento á beiriña do río Moldava e baixo o impresionante promontorio onde se sitúa o conxunto monumento do seu castelo. Algo moi destacable e o seu teatro barroco perfectamente conservado situado dentro del castelo, visitable en pequenos grupos de maio a outubro.

Comida e cervexa checas ... ricas, ricas.


Viaxe a Suiza – destino Berna  – OUTONO (Merce)
 


Gastos incluídos: o voo Santiago – Ginebra / Basilea ou Zurich con 1 escala e traslado da cidade de chegada a Berna en tren. (Hai que procurar planificar a viaxe con tempo para que sexa asumible o custo do voo). Aloxamento céntrico en un lugar modesto tipo Hotel Kreuz Bern (http://www.booking.com/hotel/ch/bern-backpackers-glocke.es.html ) ou Pension Marthahaus Bern http://www.marthahaus.ch/ durante 3 noites (ampliable)


Bela cidade medieval que creceu a beira do Aar, conta con 6 kilómetros de soportais, chamados "Lauben", fontes de cores, torres históricas, parques emblemáticos como BärenPark  ou xardíns como Rosengarten dende onde hai unhas vistas espectaculares da cidade. Como curiosidade, Eistein ten casa museo en Berna.

E un bo punto de partida para facer excursións a Friburg, Thun e Interlaken..., e asegúrovos  que ten un chocolate riquísimo Uhmmmmm! Eu vivín alí!

No hay comentarios: