Inhaqui Verán: Tokio!!
Para os
que estades ata as pelotas de relaxarvos e queredes vida urbanita a tutiplen,
que mellor que disfrutar todo iso aderezado unha cultura diferente?
Con
TurkishAir podemos volar (reservando con tempo) por 560 €, polo que case nos
quedan outros 500 para durmir. A variedade hoteleira é moi ampla, igual que de
apartamentos, e mesmo tendes a posibilidade de durmir nun Ryokan, aloxamento
tradicional xaponés con camas de tatami no solo e futóns. Así que o tempo de estadía dependerá
do lugar que escollades. Iso si, ao regreso igual hai que facer noite en Estambul!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario