París non remata nunca
Unha semana
enteira para percorrer a cidade das cidades, a cidade luz, a que un día foi
capital do mundo. Unha semana enteira para descubrir a París oculta máis alá da
Torre Eiffel e Montmartre, ou para ir a ese museo ao que nunca vamos porque
sempre están antes os de sempre, ou facer as rutas máis orixinais. Unha semana enteira
para achegarnos aos barrios menos visitados, como Belleville ou Clichy, e descubrir
que neles aínda aniña a vida auténtica, a vida cotiá, sen máscaras turísticas e
sen perder a beleza do vernáculo. Unha semana enteira en París sempre vai ser
unha semana inesquecible.
O apartamento ao
que iremoschámase Little Paradise Historic Center, e está situado na Illa de San Luís, pegadiña á Illa da Cidade,
preciosa de ver e pasear, e situada no mesmo centro de París. Como di un dos
que se hospedou al: ´”El vecindario inolvidable, lleno de tiendas, casas de
comida, heladerías, panaderías y una lista de etcéteras interminable”.
Neste enlace
podedes ver os comentarios e as fotos do apartamento, que non fun quen de
descargar. https://www.airbnb.es/rooms/22384?checkin=01%2F10%2F2015&checkout=04%2F10%2F2015&guests=2&s=73Dl
E aquí tedes algunhas
fotos da Illa
Podemos atopar
hoteis máis baratos en París, pero non van estar a carón de Nôtre Dame nin van ser
tan confortables como o noso propio apartamento.
E, se xa estivestes, non desbotedes a oportunidade de voltar a París: sempre reserva sorpresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario