Zakynthos
Non sei... quizais xa estades algo fartas da miña teima coas illas do Exeo…., pois estades
de noraboa amigüitos, esta proposta está pensada para unha espectacular viaxe a
unha illa do Xónico.
Zakynthos tamén coñecida como Zante, é a a máis
meridional das illas xónicas, é unha de contrastes que combina o seu terreo moi
montañoso coas verde e fértiles chairas. As costas escarpadas e rochosas do
norte coas areosas do resto a illa, con fermosos golfos entre os que destaca o de Laganás, o ambiente tradicional
co moi turístico….
Ao seu redor existen numerosos illotes de pequeno
tamaño, ao suroeste está o parque nacional mariño da illa de Zante coas súas
tartarugas Caretta caretta, en perigo de extinción, si queres podes ir a velas
senón podes pasearte por Zakynthos, a capital, situada unha badia
semicircular e cunha acrópole na que se conserva un castelo veneciano.
A idea é ir en avión dende Santiago (moi
posiblemente vía Londres), pero se prefires podes ir ata Atenas e aquí ir en
bus ata a costa e coller un Ferry…...
O Aloxamento está planeado para 5 días nun hotel
boutique situado nás proximidades da capital, como o http://www.balconyhotel.gr/
pero será o tipo de hotel que elixas e as datas (recomendable non ir en Agosto) as que marquen tempo e se nos da para alugar un carro.... ou un barco.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario