Elba é a Toscana reducida a unha illa. Cunha extensión semellante á do concello de Santiago de Compostela, nela poderedes atopar vilas históricas, monumentos de interese, rutas para percorrer andando ou en bicicleta e praias impresionantes, bañadas polas cálidas augas do mediterráneo. Se queredes saber un pouco máis, pinchade aquí.
Hoxe mesmo consigo chegar alí con Vueling: SCQ-Barna-Pisa, e, desde Pisa, nunha aerolínea da illa (hai tamén a posibilidade de ir en tren + ferry) por menos de 500 € a comezos de setembro deste ano 2015. Os outros 500 quedan á vosa disposición para elixirdes o aloxamento que queirades (hotel, apartamento, hai moita variedade, de verdade). Mesmo ao mellor dá para alugar algún día un coche e percorrela por completo!
Máis info: http://www.visitelba.info/
No hay comentarios:
Publicar un comentario