Non quixestes algunha vez saltar en paracaídas pero nunca vos atrevestes? Non te decides a facer ese curso por se ao final non che gusta?
Bautízate no paracaidismo cun salto tandem, e que mellor para iso que empregando un aeroporto sen avións?
A proposta inclúe: viaxe en avión con Ryanair ata Valencia, traslado ata Castellón en tren (unha hora no Talgo) e o salto en paracaídas, en formato Tandem, con gravación en DVD e fotos. Todo isto son uns 500 €, de modo que quedan outros 500 para durmir. E como xa imos maiores, e cada vez somos máis raros que un perro verde, non me mato a buscar aloxamento e queda á vosa elección. As alternativas son múltiples: hoteis (aínda que penso que en Castellón non hai ningún 5 estrellas, xa aviso!), apartamentos, pensións. O que vos plaza. E, con todo ese diñeiro, mesmo podedes facer un mixto e coñecer, xa que pasades por ela, Valencia, a cidade do Turia e de Calatrava.
No hay comentarios:
Publicar un comentario