sábado, 22 de julio de 2006

Propostas da Lidis

Un saúdo. Estas son as propostas:
Proposta 1 (outono-inverno): Coñece Estambul.
Itinerario: Ida: Santiago-Estambul (escala en Madrid); volta: Estambul-Santiago (escala en Madrid).


Comentario: estancia de sete días nun hotel moi agradable chamado Hotel Sarnic (construido sobre unha cisterna bizantina do século V), en pleno centro histórico, moi cerca da Mezquita Azul.

Non puiden resistir a tentación de poñer a foto do persoal... ¿a que parecen simpáticos?


¡Ah! a proposta inclúe un Baño Turco nun dos lugares clásicos: Cemberlitas.

Proposta 2 (primavera-verán): Estancia no Parador de La Gomera.

Itinerario: Ida: Santiago-Tenerife Sur (escala en Madrid). Desde alí tes a posibilidade de ir a La Gomera en barco desde a Isla de los Cristianos ou, se prefires, en avión; volta: La Gomera-Tenerife Sur-Santiago (escala en Madrid).

Comentario: disfruta durante cinco días dun entorno paradisíaco de impresionante riqueza ecolóxica, descansando nun Parador de arquitectura isleña.

Talojiño!

No hay comentarios: