miércoles, 19 de julio de 2006

Propostas de Iñaki

Pensaba mandarvos a Nova Orleáns en época de huracáns, ou mellor aínda ás praias do Líbano, pero como seguro que me votávades todos, e non me apetece preparar as viaxes, optei por cousas máis tradicionais, e menos arriscadas para "la salú":


Inverno: New York. Que dicir da cidade dos rascacielos, Woody Allen, Central Park e o Central Perk? Visitade a zona 0 (pero quen carallo quererá ver a zona 0?), Broadway, os impresionantes museos, a locura da cidade, pero, por favor, non montedes en metro un día 11 (consello de xc).
Viaxe en avión Santiago-Madrid-New York, e estancia de 4 noites na cidade(dependendo da época igual podería ser unha máis). Hotel máis ou menos a elixir dentro do presuposto, ainda que teño localizado un preto de Central Park, e outro no medio e medio de Broadway.


Verán: Sicilia on de Road. Terra de mitos, mafias, volcáns, gregos, cataláns, pero, sobre todo, sicilianos. Disfrutade desta magnífica illa durante 8 días (7 noites) en coche de aluguer, os seus templos gregos...convertidos en catedrais!, o barroco das cidades, as praias impresionantes, o amigable carácter da xente siciliana (dou fe), e a magnifica gastronomía (antopasti, pasta, peixes variados...). En fin. Viaxe en avión Santiago-Madid-Catania, onde recollemos o coche de aluguer. A viaxe pode adaptarse aos gustos de cada quen, aínda que eu propóñovos este percorrido: empezar en Taormina, onde pasamos 2 noites nas faldas do Etna; de alí, dirección oeste cara a Palermo, capital da illa, onde pasamos outras dúas noites; unha noite máis en Agrigento, e as dúas últimas en Siracusa, nun hotelito en plena Ortigia, a cidade vella e antiga acrópole grega. Se ao final o avión vai a Palermo, o percorrido empezaría alí e remataría en Taormina.

No hay comentarios: