jueves, 12 de abril de 2007

TOSCANA– Isola de ELBA -VIAXE PRIMAVERA - VERÁN (Merce)

Viaxe de aproximadamente unha setimana(dependerá dos prezos da temporada na que se queira ir) en hoteliño de 3 estrelas ou apartamento similar. Vistas ao mar (claro!)

Viaxe ata Italia en avión (Santiago – Madrid – Roma, Florencia ou Milán) e dende aí en tren ata Piombino ou Livorno para embarcar no ferry rumbo a Portoferraio (Elba)

O mito narra que as sete illas do Arquipélago Toscano naceron cando a Venus Tirrénica lle rompeu a diadema de perlas sobre a superficie do mar: Elba, Giglio, Capraia, Giannutri, Gorgona, Montecasino y Pianosa.
Elba: de orixe volcánica, con praias espectaculares, o Monte Capanna (1.000 m), ten o parque marítimo máis grande de Europa, historicamente recorrérona todos os antigos que saen nos libros (así en xeral, e Napoleón en particular), a gastronomía constitúe a síntese da influencia de todos os pobos que pasaron por alí e por supusto...o viño!



AL-ANDALUS – GRANADA A PÉ – VIAXE OUTONO - INVERNO (Merce)

Viaxe especialmente concebido para vivir uns días ao pé do Albaicín: hotel “El ladrón del agua” situado no Paseo do Darro mirando á Alhambra.
Inclúe unha estancia dun mínimo de 3 días e un máximo de 5, dependerá do momento e da habitación elixido, en todo caso con vistas á Alhambra. Almorzo incluído.
A viaxe será ata Málaga en avión (Ryanair) e de Málaga a Granada en bus! E non fai falta en todo tempo coche!
Van incluídas as entradas á Alhambra, por suposto!
Entrade no hotel, e covencerédesvos http://www.ladrondeagua.com/

No hay comentarios: