martes, 7 de abril de 2009

Inhaqui inverno: ISLE OF MAN: ALÉN DE EUROPA


Outra vez o reino unido, diredes algúns? Pos non, señores. Para os que non o saibades (o que fai ler a Ian Rankin, e confirmalo na Wikipedia) a illa de Man, situada entre Inglaterra, Gales, Irlanda e Escocia, non pertence ao reino Unido, xa que é un territorio que é coma quen di propiedade da coroa británica, polo que tampouco pertence á unión europea. Pero a súa moeda é a libra esterlina, e hai que aproveitar agora que está baixa! 

Esta é unha viaxe típica de Avión + hotel/hoteis+coche de aluguer. Viaxe ata Londres en compañía de baixo custo, e desde alí, á illa de Man coa compañía irlandesa Aer Arann (tamén de baixo custo). O número de días total dependerá do hotel que queirades escoller, pero xa vos digo que dá de sobre para sete días se non vos tirades moito.

Así que xa sabedes, a descubrir unha das illas máis asombrosas de ¿Europa? 

No hay comentarios: